DATOS OUTUBRO 2018

Nova subida do prezo medio do leite segundo o FEGA

Nova subida do prezo medio do leite segundo o FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de setembro, no que se rexistra un incremento do prezo medio no conxunto estatal de 0,317 €/litro no mes de setembro a 0,325 €/litro en outubro. Por comunidades autónomas, continúan mantendo os importes máis elevados Canarias (0,450 €/litro), País Vasco (0,346 €/litro) e Asturias (0,345 €/litro). En cambio, os máis baixos sitúanse en Galicia (0,314 €/litro), Cataluña (0,320 €/litro) e Cantabria (0,321 €/litro).