INFORME FEGA OUTUBRO 2021

Mínimo ascenso do prezo medio do leite

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou o informe de entregas de leite correspondente ao mes de outubro de 2021, no que se rexistra un lixeiro ascenso do prezo medio no conxunto do país. A cifra en outubro logra os 0,353 €/litro, pouco máis que en setembro (0,342 €/l).

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,448 €/l), Asturias (0,374 €/l), Andalucía (0,373 €/l) e Asturias (0,372 /l). No outro extremo sitúanse Galicia(0,342 €/l), Baleares (0,345 €/l) e Cantabria (0,348 €/l) .