INFORME FEGA XUÑO 2020

Mínima baixada no prezo medio do leite segundo o FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de xuño, no que se rexistra un pequeno descenso do prezo medio no conxunto do país de 0,329 €/litro en maio a 0,327 €/litro.

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,424€/litro), Asturias (0,348 €/litro), País Vasco (0,343 €/litro) e Andalucía (0,339 €/litro). No outro extremo sitúanse Baleares (0,315 €/litro), Galicia (0,319 €/litro) e Cantabria (0,320 €/litro).

Informe FEGA de xuño de 2020, en pdf