INFORME FEGA ABRIL 2020

Os prezos do leite mantéñense, segundo o último informe do FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de abril, no que se rexistra un prezo medio no conxunto do país de 0,332 €/litro, moi similar ao rexistrado en marzo (0,333 €/litro).

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,445 €/litro), País Vasco (0,354 €/litro), Asturias (0,351 €/litro) e Castela-A Mancha (0,344 €/litro). No outro extremo sitúanse Baleares (0,318 €/litro), Galicia e Cataluña (0,324 €/litro) e Aragón e Cantabria (0,327 €/litro).