O leite spot alcanza en setembro os 0,43 €/litro en Italia

Seis meses leva en ascenso o prezo de venda de leite a granel no mercado de referencia europeo. Desde abril o seu valor foi en aumento e, de media, o prezo mensual estivo 0,05 €/litros por riba dos datos do mesmo período en 2020. Este mes, o mercado milanés superou a barreira dos 0,40 €/litro e ponse case en valores de 2019, algo que tamén se está a piques de conseguir en Verona (setembro de 2019: 0,4464 €/litro; setembro de 2021: 0,4347 €/litro).

En Milán, mercado que recolle leit spot chegado de Francia, o valor deste produto incrementouse un 5,31 % con respecto ao mes pasado e alcanzou os 0,409 €/litro, o mellor dato desde novembro de 2019. En Verona, o leite spot austríaco e alemá ponse case á altura dos valores de finais de 2019 ao chegar aos 0,435 €/tonelada tras un incremento do 5,86 %.

A previsión é que esta tendencia á alza se manteña se, tal e como sinalan os expertos, nos próximos anos se espera que se produza un aumento do consumo de lácteos, que irá parello a un descenso no volume de produción, o que implicará un despunte no valor da materia prima.