DATOS FEGA XANEIRO 2021

Xaneiro mantén o prezo medio do leite tras a subida dos últimos meses

A pesar da subida de prezos rexistrada onte en Fonterra,cun crecemento histórico no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, oFondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar oinformede entregas de leite correspondente ao mes de xaneiro, no que se fixa un prezo medio do conxunto estatal de 0,340 €/litro, o mesmo que o pasado decembro e por enriba do rexistrado no mesmo período do ano 2020, cando se lograba un prezo medio de 0,336 €/litro. .

Canarias (0,424 €/litro), Asturias (0,360 €/litro), País Vasco (0,357 €/litro) e Castela-A Mancha (0,355 €/litro), son as comunidades que manteñen os importes máis elevados mentres que Baleares (0,324 €/litro), Galicia (0,330 €/litro), Murcia (0,335 €/litro) e Cataluña (0,337 €/litro) se sitúan no outro extremo.