DATOS FEGA FEBREIRO 2019

O prezo medio do leite mantense por terceiro mes consecutivo

O prezo medio do leite mantense por terceiro mes consecutivo

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de febreiro, no que se rexistra a mesma cifra, 0,330 €/litro, a para o prezo medio do conxunto estatal entre os meses de xaneiro e febreiro.

Canarias (0,451 €/litro), País Vasco (0,349 €/litro) e Cataluña (0,348 €/litro) manteñen os importes máis elevados mentras que Murcia (0,324 €/litro), Baleares (0,318 €/litro) e Galicia (0,315 €/litro) se sitúan no outro extremo.