DATOS XUÑO 2019

O prezo medio do leite continúa baixando segundo o FEGA

O prezo medio do leite continúa baixando segundo o FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de xuño, no que se rexistra  unha nova baixada para o prezo medio do conxunto estatal entre os meses de maio, 0,325 €/litro, e xuño, 0,321 €/litro.

Canarias (0,451 €/litro), Asturias (0,346 €/litro), País Vasco (0,340 €/litro) e Andalucía (0,339€/litro) manteñen os importes máis elevados mentras que Cantabria (0,314 €/litro), Cataluña (0,315 €/litro) e Galicia (0,311 €/litro) se sitúan no outro extremo.