INFORME FEGA FEBREIRO 2020

O prezo do leite mantense no último mes, segundo o FEGA

O prezo do leite mantense no último mes, segundo o FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de febreiro, no que se rexistra un prezo medio no conxunto do país de 0,336 €/litro, similar ao do mes de xaneiro. No entanto, lembremos que en decembro o importe era de 0,338 €/litro e, en novembro, de 0,340 €/litro.

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,450 €/litro), Cataluña (0,354 €/litro), o País Vasco (0,354 €/litro) e Asturias (0,353 €/litro). No outro extremo sitúanse Baleares (0,317 €/litro), Galicia (0,324 €/litro), Murcia (0,328 €/litro) e Cantabria (0,330 €/litro).