DATOS FEGA DECEMBRO 2018

O prezo do leite cae para pecha o ano 2018

O prezo do leite cae para pecha o ano 2018

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de decembro, no que se rexistrou unha baixada do prezo medio do conxunto estatal tras catro meses de subida. Pasou de 0,333 €//litro no mes de novembro a 0,330 €//litro en decembro. Canarias (0,449 €//litro), Comunidad Valenciana (0,356 €//litro), Asturias (0,348 €//litro) e País Vasco (0,349 €//litro) mantiveron os importes máis elevados mentres que Cantabria (0,327 €//litro), Cataluña (0,327 €//litro) e Galicia (0,317 €//litro) situáronse no outro extremo.