DATOS MARZO 2019

O informe do FEGA rexistra a primeira baixada do ano no prezo medio do leite

O informe do FEGA rexistra a primeira baixada do ano no prezo medio do leite

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de marzo, no que se rexistra a redución do prezo medio do conxunto estatal de 0,330 €/litro no mes de febreiro a 0,326 €/litro en marzo. Canarias (0,451 €/litro), País Vasco (0,346 €/litro) e Andalucía e Asturias (0,345 €/litro) manteñen os importes máis elevados mentras que Galicia (0,313 €/litro), Baleares (0,317 €/litro) e Aragón e Cataluña (0,321 €/litro) se sitúan no outro extremo.