INFORME FEGA MARZO 2020

O FEGA rexistra un descenso do prezo medio do leite

O FEGA rexistra un descenso do prezo medio do leite

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de marzo, no que se rexistra un descenso do prezo medio no conxunto do país ata 0,333 €/litro. Nos meses de xaneiro e febreiro mantíñase en 0,336 €/litro, pero en decembro o importe era de 0,338 €/litro e, en novembro, de 0,340 €/litro.

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,450 €/litro), Asturias e País Vasco (0,354 €/litro) e Castela-A Mancha (0,348 €/litro). No outro extremo sitúanse Baleares (0,319 €/litro), Galicia (0,323 €/litro) e Cataluña (0,326 €/litro).