DATOS MAIO 2019

O FEGA apunta cara a unha lixeira baixada no prezo medio do leite

O FEGA apunta cara a unha lixeira baixada no prezo medio do leite

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de maio, no que se rexistrou unha pequena baixada xeral no prezo medio no conxunto de España, situando a cifra nos 0,325 €/litro. 

Destacan os descensos en comunidades como Cantabria (pasa de 0,320 €/litro a 0,314 €/litro), Valencia (de 0,345 €/litro a 0,337 €/litro), Castela a Mancha (de 0,340 €/litro a 0,335 €/litro) e País Vasco (de 0,345 €/litro a 0,341 €/litro). No caso de Galicia, a baixa é algo menor e vai dos 0,315 €/litro aos 0,313 €/litro. En contra punto, son notables as subidas en Cataluña (sobe dos 0,319 €/litro ata os 0,330 €/litro) e Baleares (de 0,319 €/litro a 0,324 €/litro).

As comunidades que perciben unha maior retribución polo seu leite, Asturias e Canarias, mantéñense na cabeza e cun prezo estable: 0,349 €/litro e 0,450 €/litro, respectivamente.