DATOS NOVEMBRO 2018

O FEGA anuncia unha nova subida do prezo medio do leite

O FEGA anuncia unha nova subida do prezo medio do leite

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de novembro, no que se rexistra un novo incremento do prezo medio no conxunto estatal, que sobe a 0,33 €/litro, fronte aos 0,32 €/litro do mes de outubro. Por comunidades autónomas, rexistran os importes máis elevados Canarias (0,449 €/litro), Cataluña (0,350 €/litro), Asturias (0,350 €/litro) e País Vasco (0,349 €/litro). No outro extremo, os máis baixos sitúanse en Galicia (0,319 €/litro), Murcia (0,325 €/litro), Cantabria (0,327 €/litro) e Baleares (0,330 €/litro).