DATOS XULLO 2019

Continúa o descenso do prezo medio do leite segundo o FEGA

Continúa o descenso do prezo medio do leite segundo o FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de xullo, no que se rexistra a redución do prezo medio do conxunto estatal de 0,322 €/litro no mes de xuño a 0,320 €/litro en xullo, terceiro mes consecutivo de baixada.

Canarias (0,452 €/litro), Asturias (0,344 €/litro) e País Vasco (0,341 €/litro) manteñen os importes máis elevados mentras que Galicia (0,309 €/litro), Cantabria (0,311 €/litro) e Aragón (0,313 €/litro) se sitúan no outro extremo.