DATOS FEGA AGOSTO 2018

Cambio de tendencia no prezo medio do leite coa primeira subida no que vai de ano

Cambio de tendencia no prezo medio do leite coa primeira subida no que vai de ano

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixo público o informe de entregas de leite correspondente ao mes de agosto, no que se rexistra a primeira subida do prezo medio do conxunto estatal no que vai de ano 2018 de 0,312 €/litro no mes de xullo a 0,314 €/litro en agosto. Canarias (0,449 €/litro), Asturias (0,336 €/litro) e o País Vasco (0,335 €/litro) manteñen os importes máis elevados mentras que Cantabria (0,301 €/litro), Galicia (0,303 €/litro) e Extremadura e Aragón (0,307 €/litro) sitúanse no outro extremo.