INFORME FEGA XULLO 2021

Cambio de tendencia, á alza, no prezo medio do leite

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou o informe de entregas de leite correspondente ao mes de xullo de 2021, no que se rexistra un lixeiro ascenso do prezo medio no conxunto do país. A cifra en xullo ascendeu a 0,334 €/litro, un pouco máis que en xuño (0,332 €/l).

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,424 €/l), Asturias (0,350 €/l), País Vasco (0,349 €/l) e Andalucía e Castela-A Mancha (0,342 €/l). No outro extremo sitúanse Aragón (0,326 €/l) e Galicia e A Rioxa (0,325 €/l).