DATOS FEGA DECEMBRO 2019

O prezo medio do leite sofre un lixeiro descenso a finais de ano

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de decembro, no que se rexistra un prezo medio no conxunto do país de 0,338 €/litro, un importe lixeiramente inferior ao de novembro (0,340 €/litro) e que vén romper a tendencia á alza dos últimos meses. Por comunidades autónomas, alcanzan os importes máis elevados Canarias (0,451 €/litro), Castela-A Mancha (0,359 €/litro), Madrid (0,359 €/litro) e a Comunidade Valenciana (0,358 €/litro). No outro extremo sitúanse en Baleares (0,326  €/litro), Galicia (0,327  €/litro), Cantabria (0,329 €/litro) e Murcia (0,331 €/litro).