ANDRÉS PLANILLO ( PLANILLO HOLSTEIN - CASCANTE, NAVARRA)

“Imos confiar na industria e imos crer que nestes tempos non van ser capaces de baixar o prezo e aproveitarse desta situación”

Esta situación está a cambiarnos aos poucos a vida a todos. No meu caso eu teño que facer traballo presencial na granxa e no Concello [Andrés é alcalde de Tulebras] e traballo telemático desde a casa para a granxa, o Concello e AFNA e, ademais, coidar os meus fillos polas mañás, xa que a miña muller traballa de enfermeira no hospital de Calahorra.

O traballo na granxa estámolo organizando para non coincidir moito tempo o empregado e eu, pero a verdade é que cos robots puidémolo organizar moi ben. No meu caso, como estou todo o día de aquí para alá,, entendo que teño que organizarme para evitar o contacto con moita xente.

Outras medidas de seguridade que implementamos son: utilización de máscara se coincidimos os dous ou vén algún servizo externo á granxa, colocación de xel hidroalcólico á entrada da granxa e do vestiario, o traballador dispón das proteccións e do manual de boas prácticas proporcionado polo sistema de riscos laborais, desinfección das superficies con hipoclorito sódico pulverizado (sobre todo as zonas nas que estamos máis tempo e as que transita o camioneiro que recolle o leite), suspensión temporal do control leiteiro e do control reprodutivo (este último retomouse o 28 de abril extremando as precaucións de seguridade e de hixiene) e posta a disposición do veterinario de roupa na granxa.

Estou convencido de que o prezo do leite vai baixar, xa que está entrando leite barato de fóra e o leite en po e a manteiga en Europa tiráronse polo chan. Aínda así, imos confiar na industria e imos crer que nestes tempos non van ser capaces de baixar o prezo e aproveitarse desta situación de incerteza nos mercados. 
No meu caso, a venda directa está parada ao estar pechadas xeaderías, cafeterías e restaurantes. En canto á máquina expendedora tamén se vende moi pouco, xa que a xente non sae de casa e a clientela doutras poboacións non vén.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE